Visitas Guiadas

Horario de visitas ao Castro de Doade.

Visitas programadas e guiadas dende o Museo Etnográfico Casa do Patrón, incluídas dentro do seu variado programa de actividades:

De martes a domingo: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 horas, durante todo o ano.

VISITAS POR LIBRE

En calquera momento, durante todo o ano, posto que se trata dun recinto aberto e de libre acceso, debidamente sinalizado nas principais vías de entrada ao lugar, con láminas e paneis informativos no castro e no antecastro.
visitas

En tódolos casos, lembramos aos visitantes que se trata dun xacemento arqueolóxico catalogado e protexido pola Lei de Patrimonio de Galicia, polo que se prega o máximo coidado e protección do mesmo, que redundará en beneficio de todos, evitando ademais posibles sancións contra o calquera deterioro que se produza de xeito intencionado ou por neglixencia dos visitantes.